22 jun 2016

EXCURSIÓN FIN DE CURSO. Educación Primaria (1º,2º,3º,4º) e Infantil. ILLA DE CORTEGADA

Acompañounos un día precioso para realizar a nosa excursión de fin de curso á Illa de Cortegada. Por cuestión da marea non puidemos embarcar ata o mediodía, así que antes decidimos dar un paseo por un ecosistema moi especial, as brañas. Alí visitamos as Torres do Oeste en Catoira, onde fixemos xogos, experimentos e talleres. Pola tarde puidemos disfrutar da Illa de Cortegada. Unha viaxe en barco, unha camiñata pola sombra e un baño na praia puxeron o fin de festa ao noso fin de curso. Foi estupendo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario